Ano 1942 / 2ª xeración / Manolo Loimil Loureiro
O propietario actual empezou a traballar na tenda do seu pai sendo un neno, durante as vacacións de verán. E parece ter seguro que será o último da familia que manteña o negocio.
Onbre comezou vendendo só roupa de home feita por xastres e actualmente ten tamén unha pequena sección de roupa de muller.
O nome da tenda con faltas de ortografía foi unha idea do fundador como técnica de marketing, para chamar a atención do cliente.
Antigamente era moi frecuente o regateo, ademais tiña moitas vendas dada a súa ubicación, ao lado da desaparecida “Parada Castromil”. Como di Manolo: “Viñan a por uns calcetíns e marchaban co traxe enteiro”.