O noso.
Un percorrido pola tradición do comercio da zona vella de Santiago de Compostela
Grazas ao retrato destes comercios, moitos deles a piques de desaparecer, seguiremos mantendo viva a súa memoria.
Oxalá tamén vos quede no recordo despois desta experiencia, a nós perduraranos sempre.
Coa satisfacción de que nos abriran as portas dos seus comercios, compartindo con nós as súas historias, aprendimos o que de verdade é o amor polo oficio.
O noso agradecemento. Isto é un pequeno agasallo da nosa parte, as fotografías expostas para percorrer a tradición Compostelá.
Grazas a Mª de las Flores Bescansa Rocafort, Mª de las Flores Rocafort (Farmacia Bescansa), Jorge Riande Torres (Confecciones Riande), Manolo Loimil Loureiro (Confecciones Onbre), Celestino Fernández Iglesias (Sombrería Iglesias), Quini Díaz (Librería Vetusta), Mª José García Ferreiro, Carmen, Isabel, Esteban e Ana Pintos García (Bazar Casa Sole).