Fasquía- s.f feitura, apariencia dun barco

Pàgines

Centre educatiu:

Diapositives
Presentació de l'exposició: 

Entre os meses de xaneiro e maio de 2016, 15 estudantes do IES A Cachada (Boiro) fotografaron acompañados polo fotógrafo José Caruncho. “Fasquia- s.f feitura” é o resultado deste proceso de observación, procura fotográfica, reflexión, selección e ordenación. 

"Fasquía" é un termo empregado na carpintaría de ribeira para referirse á estética do barco. A idea do proxecto fotográfico foi dar a coñecer un estaleiro onde conviven a tradición e a modernidade na construcción e reparación de embarcacións. Despois dun traballo de esculca, investigación e selección da localización o espazo escollido foi Estaleiros Triñanes, ubicado no lugar da Punta do Chazo, na parroquia boirense de Cabo de Cruz.

A mostra agrupa cincuenta fotografías realizadas en formato dixital tomadas polos quince estudantes. Seguíronse tres liñas de traballo: as embarcacións, retratos dos traballadores e ferramentas do estaleiro.

 

Docents / Educadors: 
Andrea Herrero
Berta Gómez
Fotògraf participant: 
José Caruncho
Curs / any: 
2015-16
Trimestre: 
2 trimestre
3 trimestre
Curs / classe / grup: 
4º ESO
Alumnes: 
Moraima Aragundi, Noelia B. Mariño,Marta Casais, Paula C. Romero, Adriana D. Fernández, Pablo G. Rodríguez, Miriam González, María Guimarey, Mara Iglesias, Rocío L. Yánez, Beatriz Lustres, Anxo Nieto, Gloria Pérez, Sabela Porto, Zaira R. Blanco
Localització: 
Boiro (A Coruña)