José Caruncho | 1988

La vella escola, Parada

José Caruncho. La vella escola, Parada, 1988 (Fotografia en curs)

Crèdits: © José Caruncho

Sobre la fotografia

Lectures (17)

“A vella escola-Parada”(Microrrelato). “Máis ou menos, así era tamén a miña escola de Darbo cando eu tiña 10 anos. Nela só había rapaces. As nenas ían a outra. Lembro moi ben que había un mapa de Galicia e outro de Europa, e enriba do retrato de Franco, un crucifixo. O meu pai era carpinteiro e como non chegaban as mesas para todos os nenos, cando os meus dous irmáns pequenos empezaron na escola, tivo que facerlles un pupitre dobre. No inverno chovía moito e calzabamos zocos, e cando ía moito frío e nevaba, tiñamos que levar da casa unha lata chea de brasas para baleirar no braseiro do maestro, Don Hermindo. -Eran tempos difíciles, Aroa: non había calefacción, non había ordenadores, non había pendrives...por non haber, non había nin luz eléctrica. Pero...tiñamos tantas ganas de aprender e de coñecer mundo, que saímos adiante”. Esta é a historia que me contou meu avó cando fun a súa casa e lle ensinei a fotografía de Caruncho.
Nom:
Cuarto C
,
CEIP Seis de Nadal (Vigo)
| Curs:
Cuarto
Gústame esta foto porque me chamou a atención, encantanme as mesas antigas dos alumnos, como eran as aulas. A relixión estaba moi presente nas aulas. Hai moita luz. O seu encuadre é moi central. Esta imaxe recórdame ás historias que me contaba meu avó dos seus tempos, cando ían á escola porque eran escolas moi pobres e con poucos recursos.
Nom:
Javier Fernández Fuenteseca
,
IES da Terra Chá (Lugo)
| Curs:
4º ESO
Esta foto recórdame a cando miña avoa cóntame como era a sús infancia. Que estaban separados os nenos das nenas, que os profesores exixían moito máis que agora...
Nom:
Marcos Rivas Fontán
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3C
Antigua escuela. Imagen de la mesa del maestro con la campanilla, el mapa de fondo y el crucifijo.
Nom:
Claudia Naveira Blanco
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºA
Esta foto recórdame a cando os meus pais e avos me contaban anecdotas de cando eles iban a escolas, esta imaxe tamen me da a sensación de que os profesores de antes eran moito maís duros que os de agora
Nom:
Sergio Gayoso Marcote
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºB
Neste antigo e agora triste lugar reuníanse os nenos e nenas da aldea, de diferentes idades e con ganas de aprender, xunto a un profesor que lles ensinaba. A imaxe de disciplina que produce esta aula mantívose igual dende o primeiro día de clase ata o último, pasando polos días da Guerra Civil española. Neste lugar de aprendizaxe reuníronse fai pouco moitos antigos alumnos para compartir experiencias e anécdotas e para recordar belos e non tan belos momentos da súa infancia, que tan diferente foi da dos nenos de hoxe en día.
Nom:
Carlos Díaz Díaz
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºA
Sinto que o meu corpo revive; esta escola, o pupitre, o mapa, a cruz...Todo isto foi a miña infancia, os recordos deste lugar volven acender en min unha luz que estaba apagada desde hai moito tempo.
Nom:
Jorge Teijo Barral
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºC
A escola Parada pechaba as suas portas debido á Guerra Civil que hacechaba as suas contornas tivo que pechar pa manter a salvo os seus alumnos, os nenos e os mestres escondianse onde podían para manterse vivos debido ao continuo bombardeo das tropas enimigas, a clase volveu abrir cando a guerra xa pasara moitos nenos e mestres morreran nesta catástrofe, pero as clases tiveron que comezarse para seguir o normal funcionamiento da educación dos nenos e nenas españois.
Nom:
Yago Cortés Mellado
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºB
A escola Parada pechaba as suas portas debido á Guerra Civil que hacechaba as suas contornas tivo que pechar pa manter a salvo os seus alumnos, os nenos e os mestres escondianse onde podían para manterse vivos debido ao continuo bombardeo das tropas enimigas, a clase volveu abrir cando a guerra xa pasara moitos nenos e mestres morreran nesta catástrofe, pero as clases tiveron que comezarse para seguir o normal funcionamiento da educación dos nenos e nenas españois.
Nom:
Yago Cortés Mellado
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºB
.
Nom:
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
Xa non quedan nin nenos nin mestres. Onde antes había unha escola onde moitos nenos e nenas estudaban, coa chagada da guerra civil todo esto cambiou. A escola tivo que pechar coa chegada das tropas militares e durante eses anos a escola foise derrubando pouco a pouco cos ataque dos dous bandos. Agora, na vella escola, devastada pola guerra civil, so queda un vello escritorio que puido sobrevivir á guerra.
Nom:
Manuel Corredoira Purriños
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºB
Unha escola na que despois da guerra civil xa non foi ningú neno nin ningún mestre, co paso do tempo destruiuse e quedou todo vello e esquecido, coma se xa non existise
Nom:
Javier Patiño Rodríguez
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3B
Non había nenos atendendo nin mestres dando clase; agora só quedaba un aula baleira, soa e triste. Dende que a xente do pobo decidiu marchar cara ás cidades en busca de traballo xa non había os suficientes nenos para que permanecese aberta esta escola. Os poucos que quedaban estaban obligados a asistir a outro centro para poder recibir a formación que precisaban. E así, pouco a pouco foi quedando cada vez menos xente nese lugar. O que comezara como unha escola pechada foise transmitindo ao resto do sitio, deixando un lugar baleiro.
Nom:
Paula Vidal Carro
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºB
Cando entrei na miña antiga escola, non puiden evitar recordar todos os momentos que vivín nesas aulas, neses pupitres, e cos meus compañeiros. Cando decidín entrar na miña aula favorita, vin que só quedaba un pupitre, coa súa respectiva cadeira. Tamén seguía o mapa, co que tanto estudara de pequena. Pero quitando estas cousas, toda a escola estaba baleira, sen vida. Faltaba toda a xente coa que compartira eses anos tan maravillosos, e todo o barullo que montabamos cada vez que soaba o timbre. A pesar de todo iso a escola seguía sendo a mesma de sempre.
Nom:
Daniela Barallobre Carro
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºB
A vella escola, Parada (1988). "Xa non había nin nenos, nin mestre. Isto sucedeu en 1958 cando a gripe arrasou con 1.100.000 persoas. Neste momento a gripe chegara a Galicia e con esto a Parada. A escola Dumbra foi a máis infectada por este patóxeno xa que arrasou con moitos nenos e mestres. Nesta aula, foi na que máis nenos e mestres sobreviviron a esta crise. Era a aula máis pobre. Na parede atopábase un crucifixo, que podería indicar que era unha escola relixiosa; cun mapa de España e unha mesa, que podería ser a do mestre. Despois de esta pandemia, esta escola nunca volveu a ser retomada a dar clases, e finalmente quedou abandonada."
Nom:
Hugo García Bermudo
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºB
Cando entrei na escola, retornaron os días da infancia. Aínda lembraba ó mestre alí sentado no seu pupitre. Recordaba perfectamente os ruidos que facía coa campá, pero aínda mellor os que facía co libro cando non calabamos a boca. Todas aquelas clases da que fora a miña asignatura favorita, xeografía, con aquel mapa da parede que tanto usabamos. Aínda lembro a día de hoxe cando intentáramos escapar e xusto cando estabamos a piques, pilláronnos e o castigo fora enorme. Parecía que non, pero todo o que me viña eran bos recordos.
Nom:
Lara Velo Sánchez
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºB
Cando Xoán entrou na escola e observou aquel puprite, todos os recordos que el pensaba que tiña escondidos chegaron a súa mente a unha velocidade incrible. Lembraba á fermosa rapaza que ocupou aquel lugar durante toda a secundaria, aquela nena que logrou ocupar un lugar no seu corazón cando apenas ambos eran dous rapaces novos. Nunca esqueceu os rasgos daquela moza, era simplemente imposible non lembrar aqueles ollos verdes que posuían un brillo especial que a diferenciaba de todos os demais, aquela sorrisa de dentes brancos e pequenos, non completamente alineados, e que cando a esbozaba provocaba a aparición de dúas pequenas coviñas; e aquel cabelo azabache que facía contraste cos seus ollos. Esa nena que o defendía dos demais se facía falta e que o quería máis ca nada. Definitivamente, ir a esa escola e lembrar a esa rapaza importante da súa adolescencia só foi unha proba de que nunca sería capaz de esquecela.
Nom:
Carmen Dubra Suárez
,
IES Francisco Aguiar (Betanzos)
| Curs:
3ºB
Paraula – Paraules (9)

Espai:

Aspectes formals:

Elements i figures:

Sensacions:

Fotografia inclosa als àlbums

Xavier Miserachs. "Barcelona, 1962". Sèrie Barcelona blanc i negre. Infant jugant al carrer durant les Festes de la Mercè (Fotografia en curs)

La infància

Institut La Mercè
11 fotografies
Bernard Plossu, Marsella, 2005 (Fotografia en curs)

Abandono

IES Francisco Aguiar (Betanzos)
8 fotografies
Carlos Pérez Siquier. Rodalquilar, 2005 [Al fin y al cabo] (Fotografia en curs)

Antigüedad y actualidad (Claudia Naveira 3ºA)

IES Francisco Aguiar (Betanzos)
8 fotografies
Nicolás Muller. Bugaderes, 1938 (Fotografia en curs)

POBREZA EN AIRES PASADOS (Emma Pérez Orgeira 3ºB)

IES Francisco Aguiar (Betanzos)
8 fotografies
José Caruncho. La vella escola, Parada, 1988 (Fotografia en curs)

Olvido

IES Francisco Aguiar (Betanzos)
5 fotografies
Alberto Schommer. José Hierro, 1990 (Fotografia en curs)

Retratos moi raros

IES Monte Carrasco (Cangas)
49 fotografies
Alberto García-Alix. Cambra a Tànger, 1981 (Fotografia en curs)

espacios

IES Francisco Aguiar (Betanzos)
12 fotografies
José Caruncho. José Carrete, Pacios, 1989 (Fotografia en curs)

Seis do Nadal

CEIP Seis de Nadal (Vigo)
17 fotografies
Tanit Plana. Matí, Lleida, 2011 (Fotografia en curs)

Dípticos: geografía espacial y retrato

IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño)
7 fotografies