Rápida e ilusionadamente, subín ao coche. Cando arranquei, o motor fixo ese pequeno ruído que facía sempre, pero esta vez non me moluestou. Saín a toda velocidade de alí dirixida á miña nova vida. Eu sabía que as cousas ían cambiar, ían mellorar, eu ía mellorar. Mentres conducia, notaba no meu corazón, aquela pequena alegría como a que sente un neno pequeno cando sabe que lle van dar un caramelo, ou cando un adolescente saca un 10 nun exame moi complicado. Decateime de que despois de todo aquel esforzo que fixen, as cousas ían ir a mellor.
Lectures (1)
Pàgines
Publicar una lectura